Quen morre de fame, morre asesinado

 

Os blogs son unha forma de expresión das inquedanzas dos alumnos  e unha importante ferramenta para a Educación en Valores. Unha das razóns polas que se convoca o Congreso Virtual CLMTK é precisamente  para dar unha oportunidade aos e ás estudantes a que poidan expresarse en temas relacionados  coas repercusións sociais, políticas, ambientais  provocadas polos efectos do Cambio Climático e por modelos de desenvolvemento pouco ou nada sustentables.Neste caso , desde o IES Praia Barraña de Boiro nos deixan este post ao que  pode orixinar muitos traballos para o congreso como este, por exemplo 

A Segundo datos da ONU, no mundo morren 24.000 persoas de fame ao día, o que supón 35 millóns de seres humanos cada ano. Entre eles un neno morre de malnutrición cada 6 segundos.

Outro estudo di que na Terra prodúcese unha cantidade de alimentos para dar de comer a 12.000 millóns de persoas, o que supón case o dobre de persoas que hai no noso planeta. Polo que nos dá a comprender que tiramos coa comida.

imagen

Estes datos fannos preguntarnos se estes estudos están equivocados  ou tiramos nós con máis da metade da comida que se produce no mundo. E a pregunta máis importante: por que morre tanta xente de fame cada día?

Cando eres pequeno os pais sempre che din: non xogues coa comida, come toda a merenda, pensa neses cativos que non teñen nada para levar a boca… Nunca nos parabamos a pensar en todo iso, só queriamos seguir xogando e non perder o tempo co bocadillo ou calquera outra cousa, total sabiamos que sempre teriamos un plato na mesa. Pero que pensarán os pais deses neniños malnutridos?

Mentres moitos países desenvolvidos se adican a fabricar armas que venden, con grandes beneficios, a países subdesenvolvidos que malgastan as súas riquezas para compralas e participar en guerras inútiles; cando os seus pobos morren de fame.

Por outra banda, non pensades que se en vez de dedicarnos a explorar o espazo na procura de novos planetas habitables nos adicaramos a facer do noso un mundo mellor para tódalas persoas, que agora mesmo están sufrindo, poderiamos reducir esas cifras escandalosas?

 

 

Creado e publicado por: Vanesa López Lijó e Ángela Fernández Ríos (1 Bach A)

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta