Xa queda menos para o Congreso CLMTK

imagen

Ola  a todos e todas,comenzamos a semana con o cansanzo  das avaliacións   rematadas e o pouco tempo que nos queda para as vacacións da Páscoa. O mellor momento para animar aos rapaces a que elaboren os seus traballos e os envíen ao IV Congreso CLMTK que, como  sabedes, este ano é virtual, para acercarnos máis ao medio natural dos alumnos.

Eso sí, como xa sabedes, os premios son ben concretos e interesantes para os rapaces: comentádeos con eles!!

Non fai falta máis que levalos a aula de ordenadores,  decirlles que visisten e voten  nas redes os traballos que presentan os seus compañeiros e que comencen a definir a modalidade, contido e título do seu traballo.

Na seguinte sesión xa podemos empezar a traballar con eles do xeito habitual e ainda temos as vacacións de Páscoa para que rematen a tarefa, seguro que se animan a difundir o Congreso nas redes sociais que manexan o mesmo que estades a facer vos .

Ainda que a convocatoria de traballos remata o 31 de maio, xa sabedes que o tempo nos come e canto máis antes empecemos mellor.

Calquera dúbida, suxestión ou aclaración, por pequena que vos pareza , non dubidedes en enviala a climantica@climantica.org ou deixala nos comentarios deste blog,.

Xa estamos desexando ver os traballos do voso centro!!!

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta