Unha herdanza envenenada

imagenXa falamos en varias ocasións do Boletín da EOI e hoxe traémolo de novo ao blog para incidir nun interesante artigo do boletín do mes de marzo.

O texto , de fácil lectura para o alumnado de bacharelato, reflexiona sobre o problema da enerxía nuclerar e o eterno debate de se constitúen ou non unha alternativa para o cambio climático, dilema ao que se opón radicalmente. Ademais de incidir no problema dos residuos , da inestabilidade das centrais en lugares como Xapón onde, aínda a pesar das precaucións tomadas polo risco sísmico, non puideron evitar a catástrofe , o texto responde a algunhas preguntas que seguramente sairían durante os debates no aula.

Argumento 1: Durante o seu funcionamento non se emite CO2 e non se contribúe ao efecto invernadoiro

Contraargumento: Se se toma en consideración todo o proceso, desde a construción da central e a extracción do mineral de uranio as toneladas de CO2 emitidas non son moi inferiores ás liberadas por unha central térmica.


Argumento 2: Supón unha gran parte da contribución enerxética no mundo.


A súa contribución non chega ao 6% da enerxía mundial , e ata nos países máis nuclearizados como Francia ou Xapón, a porcentaxe de enerxía de orixe nuclear non chega ao 20% e o consumo per cápita de petróleo en ambos os países é similar ao do resto de países desenvolvidos.


Argumento 3: O uranio é practicamente inesgotable.

Contraargumento ·: Só coas menos de 500 centrais existentes xa se prevé déficit de uranio para antes de dúas décadas.

Para rematar o artigo reflexiona sobre as alternativas enerxéticas , sobre o impacto dos combustibles fósiles na aceleración do cambio climático e sobre a procura de novos modelos enerxéticos.

En definitiva , un texto imprescindible nas aulas de CCMC e ao que podedes incorporar máis argumentos e contraargumentos nos vosos foros e blogs de aula.

Compartídeos no blog guía!!

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta