Ficción+ Actualidade+ Intereses dos alumnos= Éxito didáctico

Con tódolos detalles?

Moita xente coñece ou oíu falar, da “sitcom estadaounidense” Cómo conocí a vuestra madre, na que o protagonista relata aos seus fillos 30 anos despois cómo coñeceu á súa nai. Un dos comentarios máis repetidos ao respecto desta serie é: cómo pode recordar cada unha desas anécdotas con tanto detalle 30 anos máis tarde? Este feito explícase doadamente se o protagonista padece hipermnesia.

imagen

O termo hipermnesia utilízase para designar un aumento inusual na capacidade dunha persoa para reter datos ou evocar situacións pasadas. A última persona coñecida foi Jill Price, nada en 1965. Os seus primeiros recordos datan de cando tiña só un ano e medio, e durante a súa infancia xa facía gala dunha prodixiosa memoria que asombraba á súa familia. A partir da puberdade (12 años) a súa memoria acadou dimensións prodixiosas. Sobre os 35 anos, xa plenamente concienciada do anormal da súa memoria, contactou cun psicólogo que a estivo estudiando durante 5 anos. A simple vista, a hipermnesia pode semellar máis unha capacidade positiva ca unha enfermidade. Nada máis lonxe da realidade: o noso cerebro precisa esquecer. Algo tan sinxelo como manter unha conversación é difícil para Jill, xa que con cada palabra a súa mente plágase de miles de imaxes pasadas.

 Un caso aínda peor é o de Salomon Shereshevski, a comezos do século XX, que sumaba á su hipermnesia un caso grave de sinestesia (confusión de sentidos). Se alguén lle dicía unha palabra, a súa mente convertíaa nun olor o unha textura. Se pensaba nun xeado de froitas, a súa mente asociábao extrañamente á cor da cinza. Este tipo de trastornos dificultaban enormemente a súa relación coas outras persoas: de feito, a primeira vista parecía ter certo retraso.

http://www.dailymotion.com/video/x8fp4z_s-shereshevsky-hipermnesia_school

Autora: María Mariño Costa do IES Francisco Asorey

Unha excelente idea para introducir o tema.

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Os mellores post de alumnos, Vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.

One Response to Ficción+ Actualidade+ Intereses dos alumnos= Éxito didáctico

  1. walter maldonado di:

    esta informacion esta muy bien por que nos da informacion de enfermedades que se desconocen…aunque no creo que la hipermnesia sea una enfermedad todo lo contrario es una buena capacidad cerebral.

Deixa unha resposta