Os reactores de Fukushima

Desde o Fernando Wirtz  compartimos este post , non vos perdades os comentarios.  O problema das nucleares vai a reflexarse, con toda seguridade nos traballos que presenten os rapaces no congreso, e tamén pode servir como aliciente para introducir o tema da terraformación de Marte em Wiklimántica.Non vos parece?

Aínda que xa falamos do tema das centrais nucleares nunha noticia anterior, esta vez centrémonos na fusión do núcleo (que non é o mesmo ca fusión nuclear).

imagen

A fusión do núcleo é o resultado dun grave accidente acontecido no interior dos reactores das centrais nucleares, ocorre cando o combustible do reactor pasa de estado sólido a líquido por un sobrequecemento do núcleo do reactor. Isto pode estar causado por fallos no sistema de refrixeración, unha pérdida de control da presión ou un aumento da potencia máxima do reactor.
Cando o núcleo derrítese, o combustible é capaz de destruir a cunca do reactor e destruir o edificio de contención que o arrodea, e en consecuencia, os elementos radioactivos entran en contacto co medio ambiente.

A central de Fukushima (Xapón) sufríu tralo terremoto do 11 de marzo un corte de electricidade que inutilizou os sistemas de refrixeración dos reactores. Os motores secundarios e as baterías de emerxencia esgotáronse antes de poder restablecer a electricidade e como consecuencia a temperatura do reactor comezou a aumentar.
As altas temperaturas comezaron a evaporar tamén o auga da piscina de refrixeración das barras de combustible xa gastadas que deben permanecer sempre baixo o auga.

Para tratar de baixar as temperaturas do reactor, Xapón trata de enfríar os reactores deixando caer sobre eles agua mariña. A partir dos 3000ºC de temperatura podemos dicir que o núcleo vai fusionarse.

Que medidas se deben tomar en caso de atoparse nunha situación coma esta? Que ocorre cando o material radioactivo entra en contacto co medioambiente?

Déixovos o enlace a un análisis dos danos nesta central nuclear xaponesa, moi breve e ben explicado.

Autora: Laura Montes

 

Tags: , , ,

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Enerxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta