Climántica en clave 2.0

Compartir contido, conversar con outros usuarios e comunicar todo aquilo que sabemos ou coñecemos, as tres claves dos espazos 2.0 que suliña Francisco Sóñora na presentación de Wiklimántica  e que coinciden plenamente cos obxectivos fundacionais do proxecto Climántica.

Esta semana, e para conmemorar o Día Mundial Forestal   e a chegada da primavera, abrimos os blogs con duas propostas participativas:

  1. imagen

    A cuarta edición do Congreso CLMTK, onde  os estudantes  son os protagonistas. Como novidades este ano faremos un congreso virtual no que esperamos a vosa colaboración ea  participación  das pasadas edicións. Como vedes na páxina do link,  os traballos terán que ser subidos á páxina web do Congreso antes das 24 horas do día 31 de maio.  No apartado Como participar? encóntraredes seis titoriais (dous por nivel) en vídeo e en formato pdf con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma, segundo sexa documento de texto, imaxe ou video. Ides ver que é doado e, para calquer dúvida estamos á vosa disposición nos comentarios e no correo climantica@climantica.org. O demáis como sempre: a revista, os premios…

  1. imagen

    Wiklimántica unha plataforma  dirixida a  elaborar de forma colaborativa coñecemento  e compartilo a nivel global e de forma interactiva sobre o medio e as súas modificacións na sociedade do cambio climático. Unha proposta coa que abrimos á rede a participación de todas as persoas e usuarios que estean implicados no coidado do medio e a loita contra o cambio climático. Un espazo común para todos e, con especial interés para todos os docentes e alumnos de CCMC .

Como proposta inicial, propoño que publiquedes nos blogues de aula as dúas novas, difundades a noticia nos vosos Facebook e  na rede en xeral,  levedes aos rapaces a que vexan na sección Alumnos do apartado Biblioteca de climantica.org os traballos gañadores doutros anos e animalos a que buceen por Wiklimántica , se fagan usuarios e  respondan as interesantísmas   propostas  que  un experto da categoría de Francisco Anguita  lles plantexa sobre un hipotético proxecto  de terraformación de Marte.

Dous proxectos que van dar muito que falar. Cómo vedes as propostas?

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta