Tsunamis e Cambio Climático

imagenAfondando de novo  no uso incorrecto da Ciencia , comentaban os compañeiros as referencias cruzadas que fan os rapaces   a partir da lectura dalgúns medios de comunicación ,  concretamente aquelas que  relacionan ós tsunamis coas conscuencias do Cambio Climático, relación totalmente errada.

Para poder asesoralos ben , nada mellor que acudir a publicacións en rede especializadas como   o monográfico da  AEPCT que se editou no 2005  con motivo do tsunami de Sumatra . 

Nas  súas páxinas encontraredes todo aquelo que necesitedes sobre a  xeración de tsunamis, a súa incidencia  na  península Ibérica, recursos en Internet,  a información que proporcionan as ondas sísmicas, etc.

E falando de información : Como pode ser que no pais con máis control sismográfico do mundo  non funcione a prevención? Unha traxedia  que nos ten a todos en vilo.

Esta entrada foi publicada en Fenómenos naturais e catástrofes, Ler Con-Ciencia e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Tsunamis e Cambio Climático

  1. eiris.teo.hidalgo di:

    O tsunami é un feito impredecíble, só podes saber que tarda uns minutos en chegar partindo de que houbo un terremoto, é ese tempo non e suficiente.

Deixa unha resposta