Realidade versus ficción

Si  fai   pouco falabamos nos blogs sobre films e documentaiss terroríficos  nos que se mostraban desastres naturais , outra vez, e por desgracia, a realidade volve a superar á ficción  nos testimonios e imaxes de persoas afectadas   en plataformas como Twitter, YouTube, Tumblr   e outros sitios de publicación .

Aínda é  pronto para evalua-la catástrofe do  seísmo que asolou Xapón   e o tsunami posterior, aínda que, segundo o   primeiro ministro nipón,  Naoto Kan,  o  país  se enfrenta  á peor das crisis desde a 2º Guerra Mundial.

Un terremoto de 8,8 na escala Ritcher ,pero con unha graduación moi eleveda, ainda por determinar ,na  escala Mercalli  si ó seísmo lle sumamos as consecuencias do tsunami, os mási de mil mortos  e unha  cantidade indeterminada de desaparecidos,  os cortes de enerxía xerados polo peche  de varias das  centrais nucleares que alimentan a rede enerxética do  país,  o  risco  ( parece que  aínda  hoxe  non  controlado) de accidente nuclear  na  planta de Fukushima  e   a  alarma de posteriores tsunamis  noutros lugares do mundo.

Unha catástrofe  que alguns medios están utilizando para alarmar á  poboación con noticias relacionadas co fin do mundo. Nada mellor para  facer frente a este “amarillismo seudocientífico” que recurrir  á ciencia e ofrecerlle ao alumnado   o análise  de  imaxe como las que nos mostran  en  Structural Geology para que poidan comparar , por eles mesmos, os  riscos  en distintas décadas.

 

imagen

imagen

Como sempre, as redes sociais están cada vez máis presentes  naa difusión destas noticias e, así, podemos ver en directo  o  tsunami chegando  á  costa  e comproba-la utilidade da  aplicación on-line  creada por Google para  tratar de localizar  a xente.

Outro aspecto a  suliñar nas  aulas de CMC é  a  importancia da   educación  preventiva para   ensinar á poboación sobre a  forma de actuar ante  seísmos e tsunamis ( asombra   ver como  se comportan  os xaponeses nas rúas  e  suben disciplinadamente  ás  colinas) . Non en van levan anos formando á poboación para estes riscos).


Esta entrada foi publicada en Fenómenos naturais e catástrofes e etiquetada . Garda o enlace permanente.