Como avaliar os blogs na aula de CCMC

Unha das dúvidas que máis frecuentemente plantexades nos cursos e no Blogue Guía é a  dos criterios de avaliación dos traballos dos estudantes nos foros e nos blogs.

A nova lexislación educativa facilita , en grande maneira a avaliación porque , si nos baseamos na avaliación por competencias  , podemos subdividir o traballo na bitácora en función do desenvolvemento das oito competencias básicas. Muitos compañeiros e compañeiras utilizan unha rúbrica de avaliación onde van sinalando nunha táboa de dobre entrada os post e conversas nos foros na columna e ,na primeira fila, as competencias que se traballan ás que se lle asigna unha calificación numérica.

Ainda que  o lóxico é   integrar a avaliación dos blogues de aula na programación ao inicio de curso ,e que non todos lle vamos dar o mesmo peso   na asignatura, o abanico pode abrirse desde compañeiros que avalian toda a asignatura a algúns que os deixan como unha tarefa para subir nota.

Independientemente da  postura que acadedes, observando o traballo que fan os compañeiros  Víctor Caamaño  do IES Francisco asorey , un pioneiro no proxecto  e e Marcos Lago do  Primeiro de Marzo,que acaba de comenzar neste curso a compartir o seu excelente traballo con nós, creo que podemos sacar as nosas propias conclusións.

O traballo de Víctor recolle unha planiña de recollida de materiais excelente onde se toman as notas necesarias das aportación, nos post , comentarios e entradas nos foros , nela avalía  as competencias e subcompetencias  referidas en cada actividade. Todo isto dun xeito doado e con unha calificación numérica que podedes escoitar e ver neste vídeo que recolle a súa exposición no I Congreso Climántica de Respostas Educativas o Cambio Climático ( premede na imaxe).

 

 

imagen

O traballo de Marcos queda reflexado desde o inicio de curso no blog da asignatura e vai asignando distinta puntuación en función do tipo de tarefa aos que engade os cinco puntos da proba escrita. Se premedes na imaxe accederedes ao post inicial onde o profesor deixa reflexado tamén de cara ás familias os criterios de avaliación.

imagen

 Que tipos de dú

Esta entrada foi publicada en Didáctica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta