2011: Ano Internacional da Química

O ano 2011 foi declarado pola UNESCO  Ano Internacional da Química .  A proposta foi realizada pola  IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada) para celebrar os logros da Química e as súas contribucións ao benestar da humanidade, sendo o tema unificador “Química-a nosa vida, o noso futuro”.

O Ano Intenacional da Química coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie, unha boa oportunidade para celebrar as contribucións das mulleres á ciencia. Tamén se cumpren 100 anos da fundación da Asociación Internacional de Sociedades de Química, un bo momento para destacar os beneficios da colaboración científica internacional.

En España o Ano Internacional da Química foi inaugurado o pasado día 8 de febreiro na sede central do CSIC en Madrid.  Na web oficial do IYQ 2011 poderás atopar información sobre como participar, ideas, actividades propostas por países ou eventos neste marco que se están a celebrar en todo o mundo.


Vía: Temático de Enerxía de Natalia Abelenda

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta