Unha de recursos

imagenOnte rematou o curso e-learning de Climántica da Consellería de Educación e a de Mediambiente co que xa somos máis na blogosfera Climántica. Para os novos e para os veteranos deixamos un resumo de recursos audiovisuais na rede para ter “máis ingredientes na cociña dos blogs”:

Banco de recursos multimedia ifstic Un clásico entre nos.

A sección multimedia do SINC (Servicio de Información e Notificacións Científicas) ofrece un amplio catálogo de recursos, entre eles un banco de ilustracións e  un banco de imáxenes con contidos baixo licencia Creative Commons.

Sclera.be é unha web desde donde podemos descargar libremente coleccións de pictogramas.

FreeJpg

Earth from Space (NASA). Colección de fotografías da Terra.

Focus on Animation (National Film Board of Canada) .Na sección “My film class” da web  hai películas animadas para o profesorado e o  alumnado clasificadas por temas.

Coleccións de imaxes en movimento (CREADETIC) Fragmentos de vídeos documentais agrupados por temas.

Videoteca Educativa de las Américas (VELA)  Sitio web creado  pola  Secretaría de Educación Pública do Goberno de México  onde se recopilan recursos, ferramentas e actividades de otganizacions  educativas públicas e privadas do país.

Animádevos a compartir as vosas fontes de recursos audiovisuais nos comentarios!!

Imaxe: CEEI.

Esta entrada foi publicada en Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta