Mortos de frío

imagenNon, non é a sensación térmica que estamos tendo nestes días a que nos leva a por este título ao post, senon a noticia publicada onte no xornal da USC na que dan conta do descubrimento de un colgante, seguramente de raposo, en Cova de Eirós ( Triacastela, Lugo). A datacíon do ornamento foi desenvolvida polo Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste do Departamento de Historia I da USC (GEPN) xunto cun equipo do Institut Catalá de Paleoecologia Humana i Evolució Social de Tarragona (IPHES) e pon de  manifesto a presenza de ocupación humana no noroeste peninsular no pleniglaciar, unha época de temperaturas rigurosas onde se  pensaba que Galicia se atopaba despoboada .

Ademáis, os aproxidamente  26.000 anos de antigüedade da peza e a súa estructura  a converten nunha peza de alto valor aqueolóxico .

Una idea para as seccións de prensa dos  blog.

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais. Garda o enlace permanente.