Controversia: os organismos transxénicos na agricultura e gandería

Xa pasou un ano desde o terríble terremoto de Haití. Os momentos iniciais de solidaridade quedaron difuminados ante  a sucesión de desgracias que este seísmo trouxo ao seu redor.  E si xa  volvemos ao país para falar da relación entre catástrofes naturais e epidemias, neste post o facemos para falar dos transxénicos.

Monsanto, a multinacional mexicana principal distribuidora dos transxénicos do millo enviou unha grande partida de semillas a Haití para que os campesiños podesen volver a cultivar as terras.  A doazón foi moi criticada desde diversos sectores sociais  debido a que esas semillas transxénicas non se reproducen, o que implicaría que os labradores terían que comprar na seguinte colleita as semillas á multinacional.

Un tema de debate mui interesante para abrir nas aulas, no que se reflexa de novo, o impacto dos avances da ciencia e da tecnoloxía na sociedade. 

Como exemplo da cotroversia  vos deixamos este  excelente post do CPI de Vedra co título que enmarca este post:

As plantas e animais transxénicos, creados mediante técnicas de enxeñería xenética, son utilizados actualmente para mellorar a produción en agricultura e gandería.

Os partidarios do emprego en agricultura de plantas transxénicas din que poden mellorar a subministración de alimentos a unha poboación mundial en continuo crecemento. Para mellorar a produción introdúcense en plantas cultivables xenes alleos, que lles confiren ás novas variedades transxénicas propiedades como: aumento na produción de froitos e sementes, resistencia a enfermidades por fungos ou a pragas de insectos, resistencia a herbicidas ou a xeadas ou elevadas salinidades nos solos.

En gandería, os animais transxénicos producen, por exemplo, maior cantidade de leite ou de carne. A introdución de xenes humanos en animais produtores de leite permiten a súa utilización como “fabricas” de proteínas humanas que se extraen do leite e se empregan para a fabricación de medicamentos.

Non obstante, existe unha gran controversia, xa que o emprego de organismos tranxénicos pode conlevar riscos para a saúde humana, o medio ambiente ou para a economía agrícola e gandeira tradicional (consulta o artigo de prensa).

Consulta tamén a seguinte presentación, onde podes informarte destes riscos:

Fonte: Presentación en Slideshare por Dr. Eugenio Vargas – Lima (Perú)

En relación co anterior, a organización ecoloxista Greenpeace está desenvolvendo unha campaña informativa sobre os riscos dos transxénicos. Tamén podes consultar este documento (podes agrandalo para velo mellor premendo no botón “Full”, pantalla completa) aquí:

Fonte: Greenpeace (4ª edición da “Guía Roja y Verde de alimentos Transgénicos”)

ACTIVIDADE (utiliza os comentarios para contestar):

1) Fai unha lista de catro problemas que pode producir o emprego de organismos transxénicos en agricultura e gandería.

2) Consulta as listas verde e vermella de Greenpeace para ver se están incluídos algún dos alimentos que ti consumes habitualmente.

Non vos perdades os comentarios dos rapaces.

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Controversia: os organismos transxénicos na agricultura e gandería

  1. adrian bermudez di:

    Eu creo que os alimentos transgénicos estan ben xa que se solo vivisimos dos productos naturais non chegarian para abastecer a demanda das persoas.
    Cando un vaia comprar deberia aparecer no envoltorio os datos para que a xente sepa o que compra.

  2. vanesa pallas di:

    pareceme moi ben que poidamos facer uso dos alimentos tranxenicos, pero penso que debiamos ter masi informacion sobre eles.

Deixa unha resposta