Obradoiros Climántica

imagenÉ fantástico usar as novas tecnoloxías para incentivar ao alumnado, ensinalo a argumentar científicamente e facelo protagonista do seu propio proceso e aprendizaxe, pero, non podemos esquecer que nesto de aprender ciencias hai unha compoñente presencial e manipulativa que nunca debemos deixar ao lado. Consciente desto , desde Climántica, volvemos a ofertaros a posibilidade de disfrutar das actividades que a nosa compañeira Sabela García imparte disponibles para todos os ciclos  a partir de terceiro de Primaria .
Xogos, campañas publicitarias, misterios… unha oportunidade para que os rapaces aprendan dun xeito divertido das mans dunha experta e excelente  dinamizadora porque a ciencia é importante para resolver o problema  e se conciencien da necesidade de adquirir hábitos respeutuosos co  medio que os rodea. A qué esperades para apuntarvos e coñecer a fondo os programas?

Tedes toda ainformación na  web central do proxecto Climántica.

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta