Para que sirven as cadelas fluorescentes?

Non se pode abordar na aula o tema da  manipulación xenética sen incidir nos aspectos éticos relacionados con esta actividade. Unha boa forma é seleccionar  noticias tan sorprendentes como a que comparten con nós desde o IES Francisco Asorey que chamen á atención dos alumnos e alumnas e nos permitan crear un debate nos foros a partir da súa lectura:

 

imagen

Científicos de Corea do Sur clonaron cans que baixo radiación ultravioleta brillan na escuridade emitindo unha cor vermella. O responsable do experimento di que son os primeiros cans transxénicos do mundo aos que se lle implantaron  xenes da fluorescencia.

A técnica consistíu en extraer células da pel dun can e introducirlle no ADN os xenes que producen esta cor fluorescente. Posteriormente o ADN, cos novos xenes, foi introducido en óvulos aos que previamente lle sacaran os cromosomas. Os óvulos formaron embrións clónicos que se implantaron nunha cadela que fixo a función de “nai de aluguer”, parindo a seis cadelas clónicas.

O experimento demostra que sería  posible facer o mesmo con outro tipo de xenes que servirán para realizar ensaios biomédicos para combater toda clase de enfermidades. De feito afirman, que xa comezaron a implantar xenes relacionados con doenzas humanas como o Parkinson e consideran que a técnica podería servir para encontrar novos tratamentos para  enfermidades xenéticas.

Últimamente a xenética está a experimentar avances que permiten que os científicos actúen sobre cualidades da vida humana que ata hai pouco tempo era impensable. Estes avances científicos están a esixir aos cidadáns que tomen decisións sobre cales deben ser os límites que a ciencia non debe sobrepasar; e isto non está a resultar unha tarefa doada para nos.


Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Xenética. Garda o enlace permanente.

7 Responses to Para que sirven as cadelas fluorescentes?

  1. juan varela di:

    Pareceme unha boa idea previr enfermidades futuras, pero non me parece humano expoñer a unha persoa a radiación.
    O dos cans fluorescentes e un gran avance para a ciencia ainda que non sirva para moito.

  2. gonzalo gonzalez di:

    Ainda que esta especie de cans fluorescentes non sean moi útiles, a introducón de xéns pode ser un bo paso para a cura de enfermidades ect.

  3. walter maldonado di:

    por una parte me parece muy bien que inventen curas para enfermedades que no las tienen aunque por otra parte me parece mal que experimenten con perros o otros seres vivos…
    y me gustaria saber si intentaran experimentar con una persona algun dia?

  4. damian fontenla di:

    Sin duda alguna un gran avance, pero del que aun no sabemos que consecuencias podria acarrear

  5. pablo sanchez di:

    pareceme moi ben que se use este método para intentar curar enfemidades porque se solo fora para facer un can fluorescente sería unha chorrada.

  6. borja regueiro di:

    É interesante, penso que un gran avance, gustaríame probar este efecto, non estaría nada mal…

  7. vanesa pallas di:

    pareceme un gran avance poder atopar novos metodos para curar enfermidades, inda que me parece moi pouco humano prbalo con animais sen saber que cosnsecuencias pode traer consigo.

Deixa unha resposta