Estas vacacións : a ver a televisión!!

A escaseza de programas de divulgación científica nos programas televisivos chama atención quedando relegadas nas programacións das cadeas máis vistas  a algúns documentais casi sempre da mesma área. Aínda  que a ausencia de programas científicos relevantes sexa alarmante no noso país , temos ciencia na televisión.

Disfrazada en forma de series de ficción , a ciencia comenzou a facernos un guiño desde a mítica Urxencias , desde conversas bastante axeitadas sobre evolución en Friends ou cos casos criminais de  mediciña forense en CSI e as súas variantes: Numbers, Eleventh Hour, …

As series de animación tampouco se quedaron atrás e xa temos publicados varios vídeos de Futurama e da pequena Lisa Simpson co verdadeiros debates de divulgación científica.

Aínda así, e xa que sabemos que moitos dos nosos alumnos van pasar unha boa porcentaxe de tempo na “caixa tonta” ou no ordenador, animámoos a que visualicen series científicas. Como sempre espero a vosa axuda para suxestións.

A miña favorita The Big Bang Theory


Que suxerides?

Esta entrada foi publicada en CCMC, Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta