Arsénico, por favor

Como si de un clásico de cine se tratase, a NASA anunciou o 2 de dezembro o descubrimento dunha nova forma de vida , a bacteria conhecida como GFAJ-1 , que constrúe o seu ADN, proteínas e membranas con arsénico e non con fósforo  atopada nos sedimentos do Lago Mono ao Este de California, coñecido polos altos niveles de arsénico que alberga.

Até de agora a comunidade científica pensaba que a vida requería seis elementos sin excepción  que  conforman ls ácidos nucleicos, as proteínas  e os  lípidos e, por tanto, a mayor parte da  materia viva,  aínda que “é posible, teóricamente, que algúns outros elementos da táboa  periódica poidan cumplir as mismas funcións”, señala  Ariel Anbar, coautor do estudio.

Este descubremento demostra que, noutros ambientes planetarios os organismos poderían ser capaces de usar outros elementos para activar a bioquímica ” señala  Charles Cockell, profesor no  Instituto de Investigación Planetaria e Espacial na  Universidad Aberta en Milton Keynes, Gran Bretaña .”

Como en todo  estudio científico, todavía se están comprobando algunhas dúbidas como saber si o  arsénico quedou simplemente concentrado  nas múltiples vacuolas celulares da bacteria e  non se incorporou na  súa bioquímica. Ademáis xa se abriron novas investigacións para entender os mecanismos con que o arsénico pode introducirse nas estructuras moleculares e cómo o ADN pode funcionar con este elemento incorporado.

No vídeo simulan   como se substituén os átomos de fósforo (dourados) polos de arsénico ( verdes)  na estructura do ADN no ADNH, ATP e AcetylCoA, catro compostos que os vosos compañeiros de 2º de Bacharelato vos poden axudar a coñecer.


Quén se anima a definilos nos comentarios?

Esta entrada foi publicada en Universo e vida. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta