Curso de formación on-line de CCMC en Climántica

curso-on-line.pngOla a todos e todas,

como xa teredes visto na web principal do proxecto,  está aberto o prazo para inscribirse no curso on-line CCMC no proxecto Climántica .

Desde o blogue vos animamos a inscribiros ( o prazo remata o 19 de Dezembro e a experiencia en actividades semellantes nos dí que as prazas ofertadas nunca son suficientes) nón só  pola calidade dos materiais ( muitos deles desenvolvidos por expertos recoñecidos internacionalmente nas súas materias), pola interdisciplinaridade que supón tomar como eixo didáctico a sostibilidade e o Cambio Climático, ou polo sistema de apoio constante ao alumnado do curso por parte do Equipo Climántica, senon tamén pola posibilidade de entrar a formar parte dunha comunidade de máis de 300 docentes, onde , a través dos blogues de aula, da convocatoria de distintos concursos e outras accións o profesorado pode mostrar e compartir o seu bon facer e experiencia.

Desde os blogues esperamos que difundades  a  convocatoria para que  cada vez sexamos máis os participantes nesta experiencia educativa , a través do mail e das distintas redes sociais.

Só tedes que enviar o link do curso a aqueles e aquelas compañeiras que creades poidan estar interesados/as xunto cos datos da súa convocatoria na plataforma FPROFE

Susana Vázquez

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta