Os “hobbits” existen

imagen

As veces, un post elaborado por un alumno ou alumna, como este, publicado por Ana no IES Francisco Asorey, o da pé a crear unha actividade. Así , o profesor pregunta nos comentarios ó post :

¿Que rasgos dun cranio nos indican se este é máis ou menos humán?

Unha boa idea para  implementar nos blogs de aula.

O pasado xoves, atopei un artigo na revista Muy Interesante que trataba sobre o Hobbit, un homínido de 48.000 anos de antigüidade encontrado no 2003 na illa de Flores, en Indonesia. Nel  falábase da confirmación de que este homínido é realmente unha nova especie chamada Homo floresiensis, e non un humano con cabeza pequena debido a unha microcefalia, como algúns científicos pensaron cando se producíu o descubrimento.

Esta afirmación débeselle ó antropólogo Kieran McNulty, da Universidade de Minnesota e aos seus compañeiros; que usando técnicas de modelado de tres dimensións compararon de forma concienzuda o cranio dun home de Flores co dun Homo Sapiens  e chegaron á conclusión de que se trata dunha especie diferente, co corpo e a cabeza claramente máis pequena ca os de calquera outro membro da familia Homo. Ademais disto McNulty asegura que os rasgos do esqueleto do Homo floresiensis apuntan a que se trata dunha rama dos homínidos que sufríu unha reducción progresiva do tamaño tras separarse do Homo erectus, ou incluso dun ancestro máis primitivo.

 O descubrimento desta nova especie deixa un gran interrogante que de momento non ten resposta: se ata hai relativamente tan pouco tempo puido sobrevivir un homínido nun medio ambiente insular e illado, ¿Puido ocorrer o mesmo noutras illas aínda sen explorar?

 

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Universo e vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.