A extinción dos dinosaurios

 Sete son os pasos clásicos dun traballo de investigación dirixido, e sen dúbida, tres de eles son o máis importantes neste mar de información nos que nos movemos docentes e alumnado : Seleccionar, extraer  e sintetizar a información.

Desde o IES Espiñeira de Boiro móstrannos un  bó exemplo de tarefa a partir dun tema que mantuvo en danza á comunidade científica durante moitos anos: A extinción dos dinosaurios.

Ao longo da historia propuxéronse 45 hipóteses diferentes sobre a extinción dos dinosaurios. Ditas hipóteses pódense clasificar en 3 grandes grupos: Hipóteses que apelan a factores internos (7), Hipóteses que apelan a alteracións reproductivas motivadas por factores ambientais (6), e Hipóteses que apelan a factores externos (32). Dentro destas últimas hipóteses hainas por causas climáticas (5), bilolóxicas (8), xeolóxicas (13) e astronómicas (6). Revisa a ficha entregada na clase, busca información en internet e redacta un breve comentario sobre as que te parezan máis rigurosas e as que te resulten inverosímiles.

Para axudarte, podes consultar os seguintes links:

http://en.wikipedia.org/wiki/Dinosaur

http://www.duiops.net/dinos/index.html

http://www.monografias.com/trabajos5/exdin/exdin.shtml

http://library.thinkquest.org/C005824/s_extinction.html

http://mx.geocities.com/m_lucy_i/extincion/index.htm

Lembra que a hipótese máis aceptada na actualidade é  …


Esta entrada foi publicada en Mesa Redonda e etiquetada . Garda o enlace permanente.