Podemos manipular o clima?

imagen Na Semana da Ciencia, temos que resaltar a súa importancia para non só explicar ou estudar, senón resolver os problemas  máis relevantes para a humanidade.

A pesar,  dos distintos esforzos internacionais  por disminuir as emisións de CO2 xeradas pola actividade humana, os resultados non son os desexables para disminuir os efectos do Cambio Climático .

A voltas con este problema, este martes, na Royal Society, unha das máis prestixiosas sociedades científicas do mundo, deenvolveuse un interesante  ciclo de conferencias sobre xeoingeniería, isto é,  a  manipulación a gran escala do medio ambiente e as condicións atmosféricas planetarias para contrarrestar as consecuencias do cambio climático.

Un tema fascinante pero controvertido, tendo en conta que non podemos preveer  os efectos a gran escala que podreía traer para o clima modificar algun  dos  seus parámetros, sobre todo cando a súa interrelación é tan forte.

Entre outras técnicas,  falouse dos aerosoles estratosféricos, da creación de nubes artificiais, dos reflectores espaciais,  da fertilización de los océanos, da captura do carbono, e incluso de árboles artificiais.

Un tema que pode ser trasladado fácilmente as aulas .

Propomos unha secuencia didáctica que esperamos melloredes coas vosas suxerencias:

1º Sesión:

Traedes os rapaces ao Blog Guía e, despois de ler o post e visitar os recursos,   elexirán ou repartiredes cada unha das técnicas que se explican.

2º Sesión

A partir de esta información publicarán   nos blogues  coas súas palabras , por parellas, os fundamentos básicos de estas técnicas, a súa influencia na disminución do nivel de dióxido de carbono na atmósfera. e vantaxes e inconvintes.

3º Sesión

Despois de leer e comentar os post dos compañeiros,   realizarán unha exposición de non máis de cinco minutos por parella  na aula onde contrasten as vantaxes e inconvintes de cada técnica.

4º Sesión

Por último, a secuencia didáctica finalizaría cun debate nos foros de Climántica sobre si o ser humano debe ou non debe modificar o clima.

Como recursos:

Páxina da BBC Mundo onde se explican as técnicas e os fundamentos da xeoinxeñería.

Ciclo de conferencias da Royal Society sobre xeoinxeñería.

Imaxe: BBC Mundo

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda o enlace permanente.