Metas educativas para o 2021

En septembro deste ano, celebrouse en Buenos Aires  o Congreso Iberoamericano de Educación Metas 2021  no que se presentou un  Documento Final ,  no que se plasman as metas educativas e compromisos común para orientar a formación  da cidadanía en todas as súas dimensións.

Resaltamos a incorporación da educación para a sostenibilidade, no  apartado “Educación en valores y sostenibilidad” (capítulo 3, páxs 111- 112) no que se  especifica que unha das metas debe ser aquela que proporcione aos cidadáns a “ocasión de movilizar os valores dunha cidadanía solidaria”.

A participación na construcción dun futuro sostible, pasa , según o documento por ” a incorporación da educación para a sostiibilidade no  currículo dos diferentes niveis educativos e na  formación do profesorado dos países da zona, para contribuir á adquisición das competencias básicas para o desenvolvemento  persoal e no exercicio dunha cidadanía activa e democrática.”

Un documento imprescindíbel para os docentes de todas as áreas e niveis educativos,  que podedes descargar desde as páxinas da OEI. Boletín 055 ou premendo na imaxe.

imagen

Esta entrada foi publicada en Didáctica, Ler Con-Ciencia, Sustentabilidade. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta