Semana da Ciencia nos blogues de Climántica

imagenHoxe comenza a novena edición da  Semana da Ciencia , con máis de 200 actividades científicas en todo o país. Nesta iniciativa europea , impulsada en España polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología ( FECYT) participan máis de 660 institucións pública e privadas.

Desde a páxina do FECYT da Semana da Ciencia 2010  podedes consultar as actividades programadas e recursos dispoñibles: desde 9 documentais científicos, actividades relacionadas coa Biodiversidade ou ligazóns ás distintas comunidades autónomas para compartir as distintas actividades que se estan a realizar.

Desde a páxina do CSIC podedes buscar as actividades próximas ao voso lugar de residencia e participar no concurso de Fotografía Científica.

En Galicia se desenvolverán sesións de café-teatro científicos, exposicións sobre Cambio Climático e exposicións como a dos Musesos Científicos da Coruña que nesta semana fan xornadas de portas abertas para visitar ,entre outras actividades ,  a exposición ” Unha ollada natural”  onde  Calros Silvar presenta vinte cadros que ofrecen aos visitantes pinceladas da biodiversidade de Galicia.

Desde Climántica vos propomos aproveitar a ocasión para anegar a rede con publicacións relacionadas: os traballos dos alumnos de anos pasados, os mellores post,difundir as actividades dos vosos centros e as que se levan a cabo desde o FECYT, etc.

Unha semana de festa nas bitácoras.  Xa sabedes, aquí estamos para difundilas.!!

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.