Recursos didácticos para explicar e entender a Evolución

imagenUn dos temas sobre o que máis se publicou o ano pasado na blogosfera Climántica foi o da Evolución Humana, e non tendes máis que por esa palabra no blogue guía para acceder  a eles, pero, sen dúbida  o recurso estrela para afrontar este tema nas aulas de CCMC, foi o  seminario impartido polo profesor Carracedo na clausura do  segundo curso de Ciencias para o Mundo Contemporáneo no Proxecto Climántica que poñen á vosa disposición desde a  web central do proxecto.

Entre outras moitos temas que  podedes ler  no post publicado na web central, Carracedo  explicou, en base o desenvolvemento da xenética, como o  neanderthal e o sapiens ainda que conviviron longo tempo, non se misturaron, ou se se misturaron non chegaron a ser fértiles pois non temos DNA mitocondrial neanderthal no noso xenoma. Explicou con ese xeito sinxelo que só dominan os que moito saen, como o  Homo Sapiens moderno saiu da rexión dos grandes lagos en África fai uns 150000 anos;  e como se estudaron as migracións acaecidas ao longo da historia humana. O membro do mesmo grupo de investigación, Antonio Salas logrou reconstruir a historia das migracións da África subsahariana, utilizando DNA de poboacións actuais.  ( Lembrádeos do vídeo en Climántica TV da súa intervención no I Congreso Climántica de Profesores, imprescindible).

Unha gran maioría das entradas do curso pasado sobre este tema foi o da celebración do Ano de Darwin, e, entre outros, destacamos tamén os  recursos didácticos da páxina do CSIC sobre Darwin , a súa teoría e o contexto na que se desenvolveu.

Esta entrada foi publicada en Recursos, Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Recursos didácticos para explicar e entender a Evolución

  1. antoniocta di:

    Paréceme interesante esta información, xa que hai moita xente que aínda non sabe moi ben de onde procedemos. Tamén é interesante a información que da sobre Darwin xa que é un dos grandes cienteficos q traballaron sore este tema.

  2. vanesa pallas di:

    parecem un tema moi interesante este da evolución xa uq ee algo no que todos temos que ver, poder saber de onde procedemos e cales son os nosos antepasados.
    falanos tamen de darwin un cientifico que os axudou moito a comprender este tema coa sua teoría.

Deixa unha resposta