Gea e o ámbar

 Dun  dos nosos blogues amigos,  Ollo de Sapo, do compañeiro Ramón Cabanelas ,   rescatamos esta interesante información, interesante para introducir aos alumnos e alumnas de CCMC na palontoloxía.


  Queres saber como o ámbar actúa com cápsula do tempo? Ou coñecer os xacimentos importantes que temos en España? Só tes que pedirlle aos profes que colguen nos blogues de Climántica os vídeos  ” Gea y el ámbar”  do Canal de vídeos en youtube do  IGME Instituto Xeolóxico  e  Mineiro de España.

Con Gea, descubrirás o que se esconde no interior do ámbar: un universo de vida concentrado en resina fosilizada. : anfibios. restos vexetais, insectos, etc. Tamén saberás ónde atopalo, cómo se extrae, cómo se estudia e cómo protexer o noso patrimonio xeolóxico. Podedes  solicitalo  de forma gratuita á  Secretaría do  Museo Xeominero (Charo Calle, r.calle@[borrame]igme.es), indicando a dirección postal do centro  e o  nome dunha  persona de contacto.

Non vos esquezades de engadir Ollo de Sapo  no blogroll!!

Esta entrada foi publicada en CCMC, Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta