Confírmase que o noso xenoma leva unha pequena cantidade de ADN procedente do Home de Neanthertal


neanderthal_child.jpgA hipótese “Out of África” establece que todos os humanos actuais procedemos dunha poboación que saíu de África fai uns 100.000 anos. Segundo a versión máis radical desta hipótese, estes humanos modernos substituíron a todos os humanos arcaicos que vivían polo planeta sen mesturarse con eles. Aínda que os neandertais e os humanos modernos separarámonos fai uns 300.000 a 400.000 anos, chegamos a coexistir durantes varios miles de anos nalgunhas rexións do globo. A evidencia xenética dispoñible até agora indicaba que non se deu fluxo de xenes entre ambos os grupos, pero unha nova análise aparecida esta semana na revista Science cambia as cousas radicalmente.

 

A principios do ano pasado o grupo liderado por Svante Pääbo, no Instituto de Antropoloxía Evolutiva de Leipzig, lera un pouco máis da metade do xenoma de tres neandertais cuxos restos foran escavados en Croacia. Agora, estes mesmos científicos, publican a secuencia completa destes xenomas e compárana coa secuencia de humanos modernos de distintas partes do planeta, e coa do chimpancé. Os resultados indican que entre un 1% e un 4% do xenoma dos habitantes actuais de Europa, Asia e Papúa, pero non dos africanos modernos, procede do xenoma neandertal. A explicación máis plausible é que houbo un certo intercambio xenético entre os neandertais e os antepasados dos humanos non-africanos.

 

O feito de que o xenoma dos humanos non-africanos, sexa máis parecido ao neandertal que o dos africanos, indica que este intercambio de xenes debeu de producirse antes da separación dos europeos, os asiáticos e os habitantes de Oceanía. En consonancia con diversos achados arqueolóxicos, os autores suxiren que o devandito intercambio podería ter lugar no Oriente Medio, xa que os humanos modernos habían chegado aí hai 80.000 anos, e os neandertais habitaron nesa mesma rexión até fai uns 50.000 anos. En cambio, os novos datos presentados esta semana, parecen excluír posteriores intercambios xenéticos entre neandertais e europeos.

Publicado en “A ciencia cierta” o 7 de Maio 2010.

 

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

7 Responses to Confírmase que o noso xenoma leva unha pequena cantidade de ADN procedente do Home de Neanthertal

  1. pablo sanchez di:

    Pareceme un descubrimento bastante interesante xa que explicaría as diferencias dos habitantes de África cos do resto da poboación mundial.
    Ademáis demostra que ainda que fai moitos anos dende os Home de Neanthertal nos seguimos tendo rasgos del.

  2. adrian iglesias di:

    Eu penso que os humanos cas capacidaes que temos para pensar e razoar non podemos ser descendentes dos monos nin de ningun animal
    Pode ser que houbera outros hominidos menos evolucionados que nos pero o que non creo e que descendamos dos animais

  3. ivan sanchez di:

    Esta imformacion pareceme muy importante xa que
    relacionaria a poboacion africana coa resto do mundo.

  4. estefania pan di:

    E un tema no que podemos opinar de varias formas, xa que ate o de agora todos pensabamos que non tiñamos nada que ver cos neandertais pero como ven tamos vendo si que o temos ainda que non estea demostrado ao 100%. Creo que se se demostrase que non todos vimos dos mesmos xenes seria un gran adianto para saber como son os nosos antepasados.

  5. alejandro miguez di:

    Eu penso que según o que sei,e que,os humanos temos en común,con outros homínidos,algúns xenes.Pode ser que poidamos ter algún xen en común co Homo neanthertal,pero o que non creo é que nos parezamos,xa que temos a capacidade de pensar e rozoar,cousa que eles non tiñan desarrollado.

  6. vanesa pallas di:

    parece increible que os humanos poidamos ter algo en comun co neanthertal pero de algun sitio tubmos que evolucionar, e no me parece nada descabellado que sea dos monos

  7. paula gende di:

    se sempre souvemos que o homo sapiens era descendente do homo neantherdal, tamén era de supoñer que os xenes de ambas especies teñan un grao de parentesco, e que en algunhas poboacións, eses xenes, evolucionaran máis que en outras.

Deixa unha resposta