Existe ET? Sí, pero é un robot

¿Existe a vida intelixente, pero mecánica, fora da Terra? Este é o  interesante plantexamento que nos fan desde o IES de Allariz de Ourense.

imagen

Os seres humanos posuímos un cerebro baseado en carbono, que funciona grazas a unha serie de procesos químicos que poden resultar, á maioría dos seus posuidores, case máxicos.

Pero o momento de comparalo cun ordenador actual o noso cerebro non permite “fallos” na súa alimentación, non está deseñado para que sexa sinxelo obter copias do seu contido, é moi pouco resistente a case todas as ameazas de medio ambiente, o rango de temperaturas no que pode operar é absurdamente pequeno, e a lista segue. A cambio , os nosos ordenadores en pouco máis de un século de existencia, melloraron as súas habilidades dunha forma fantástica , mentres nos necesitamos miles de anos para evolucionar.

Pensemos que mentres un supercomputador actual pode executar máis dun cuatrillón de cálculos por segundo, segundo a investigación de Hans Moravec, un experto en intelixencia artificial da Universidade Carnegie Mellon, o cerebro humano é capaz de calcular “só” uns 100 billóns no mesmo lapso. Non son poucos os científicos que especulan que a denominada “singularidade tecnolóxica” terá lugar dentro dunhas poucas décadas. Este evento marcará o punto en que unha máquina sexa máis intelixente que un humano. Por suposto, poden equivocarse e que en lugar de 30 ou 40 anos trascurran dous ou tres séculos. Pero tal acontecemento é un feito e, de todos os xeitos, un puñado de séculos non representa un lapso de tempo significativo cando pensamos a escala cósmica.

Para Steven Dick (creador desta teoría), a singularidade tecnolóxica xa tivo lugar noutras civilizacións, espalladas polas galaxias, fai miles ou millóns de anos. O científico cree, e resulta bastante convincente, que o universo, tarde ou cedo, estará habitado no seu maior parte por intelixencias non biolóxicas. As ideas de Steven son válidas, e caen dentro dos límites da lóxica, a ciencia e, mesmo, a enxeñaría actual en moitos casos. Ademais, as hipóteses de Dick son defendidas por algúns dos científicos máis competentes da actualidade.

Cando un o pensa un pouco, parece bastante probable e posible que vivamos nunha galaxia post-biolóxica.

imagen

O teoria anuncia como unha civilización biolóxica antita que evolucionou (dunha forma parecida a nosa pero un mayor lapso de tempo), que mudou” as súas mentes a un “envase” mais fiable e duradeiro. Dick cre que, dadas as limitacións da bioloxía tal como coñecémola, a forza da evolución cultural, e o imperativo de mellorar o intercambio de coñecementos entre intelixencias, as posibilidades de que existan civilizacións robóticas son maiores ao 50%. As razóns esgrimidas por Dick son moi válidas. Pon por exemplo como destaca que na mismísima Terra podemos ver como a vida intelixente baseada en carbono desenvolve ferramentas cada vez máis sofisticadas.

As civilizacións extraterrestres anteriormente mencionadas moi posiblemente sexan moito máis antigas que a nosa. A primeira estrela rica en metais con planetas terrestres data de fai 12.500 millóns de anos. Se asumimos que a vida intelixente necesitou 5.000 millóns de anos para evolucionar (como ocorreu na Terra), os extraterrestres poderían estar aí fose desde fai 7.500 millóns de anos. Tempo máis que suficiente para evolucionar até a vida intelixente e converterse máis tarde nunha intelixencia artificial.

As hipóteses de Steven Dick deberían ser tidas en conta, por exemplo, á hora de buscar vida extraterrestre. Se a posibilidade de que existan civilizacións de máquinas é tan alta, proxectos que buscan vida alieníxena poden estar a buscar vida nos lugares equivocados. Unha raza robótica, de millóns de anos de antigüidade, moi posiblemente non necesite dun planeta para vivir. De feito, o espazo baleiro entre as estrelas (e mesmo, entre as galaxias) proporcionaríalles máis liberdade e espazo (valla a redundancia) para crecer libremente.

Esta entrada foi publicada en Sabías que?, Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta