Apocalipsis!!

 Unha boa reportaxe parte sempre dun título chamativo que invita á lectura do texto, como neste excelente post publicado no IES República Oriental de Uruguay de Vigo.

Xa que temos vosa atención co título chamativo, imos explicar máis a fondo do que estamos falando:

imagen

Aínda que nos parezca totalmente radical a idea de que chegará o fin do mundo- e a parte de que non viviremos para presencialo- hai unha posibilidade de que cambiará toda a superficie terrestre por completo, modificando a codia e a vida na Terra e os demáis planetas da Vía Láctea.

Estamos falando da intercepción da galaxia Andrómeda coa nosa propia.

Andrómeda é a galaxia xigante máis cercana (2,2 millones de anos luz) a nós e ten a peculiaridade de ter 2 centros nucleares. Coas publicacións anteriores a ésta, diuse información sobre que as galaxias atráense entre elas por forzas gravitatorias. Como Andrómeda é unha galaxia xigante, ou sexa máis grande que a Vía Láctea, a súa fusión coa nosa galaxia causará un cambio total na superficie terrestre e dos demáis planetas da nosa galaxia, expulsando a nosa galaxia ata outros sistemas.

Claro, que xa mencionamos antes, isto non viviremos para velo. Dita fusión poderá acontecer a partir de 6 mil millóns de anos a partir de hoxe. Entón podemos estar tranquilos.

A nosa galaxia xa leva “coméndose” outras galaxias máis pequenas, o que explica o principio de “canibalismo galáctico”. No Universo manda a forza gravitatoria, pero, mentres que as outras galaxias xa dixeridas ata agora foron pequenas, Andrómeda non se queda atrás e, ademáis, nos deixará unha marca que non olvidaremos.

Aquí tedes un vídeo de YouTube para unha información máis detallada sobre o suposto dramático fin da nosa galaxia:


E tamén deixamos un interrogante para que vós podades respondela ou opinar sobre o contido da nosa publicación:

Realmente pensades que o ser humano chegará a presenciar a fusión destas dúas galaxias? Qué medidas tenderá que tomar o ser humano para seguir existendo?

Esta entrada foi publicada en Astronomía. Garda o enlace permanente.

One Response to Apocalipsis!!

  1. tania lopez di:

    pode ser que algunha especie chegue a presenciar a fusion das duas galaxias pero é casi imposible que algun ser humano chegue a presencialo e en canto as medidas que deben tomar penso que é imposible que se poida sobrevivir a un acontecemento dese calibre e polo tanto calquera medida sería inútil.

Deixa unha resposta