U2 nas aulas

Desde os blogs de Climántica, incidimos na importancia da interdisciplinaridade na formación do noso alumnado. Por este motivo presentamos desde o Blog Guía actividades que ademáis de estar relacionadas con muitas áreas do coñecimento, buscan unha didáctca multisensorial donde non só  se traballen as competencias lingüísticas e de coñecemento do medio, senon que os rapaces podan desenvolver a súa intelixencia ecolóxica a partir de múltiples vías.

Aproveitando o último concerto do grupo irlandés U2 na súa xira 360º , onte en Coimbra, vos deixamos un vídeo do mesmo no que Desmond Tutú envía unha mensaxe de optimismo ós espectadores. Un exemplo de como se pode combinar a responsabilidade social ante problemas directamente relacionados co Cambio Climático, disfrutar dun excelente concerto  e de cómo as novas linguaxes visuais están mudando o noso entorno.

Unha actividade simple para animar ós rapaces a que tamén eles busquen vídeos relacionados cos solidaridade, co espíritu crítico e cos seus gustos musicais para crear unha categoría de audiovisuais que os acostume a traballar cos blogs. Seguro que vos funciona.


Noutro momento do concerto inagural en Barcelona, , Bono, o líder do grupo, fala coa estación espacial nun diálogo moi interesante sobre a conservación do Planeta Terra que  non podemos deixar de inserir nos blogs .

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta