A todo gas: Recursos e posibilidades de Climántica nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Como  “repaso” para o inicio de curso déixovos algúns enlaces a materiais que vos poden axudar a enfocalo proxecto  Cimántica nas Ciencia spara o Mundo Contemporáneo nas aulas desde os primeiros días de curso:

Para complementar a asignatura , podedes seleccionar  outros moitos recursos:

  • As unidades didácticas de Climaeucambio para o Proxecto interdisciplinar de 1º da ESO :  Cambia o clima? 
  • imagenOs cómics de Palmira e Marcial: Odisea Mediomabiental : Número1  e Número 2 que podedes aproveitar ademáis para incluir nas propostas de plan lector do centro.

     

     

     

     

     

     

 

 

  • imagenNo eido de toma de decisións poden construír unha aldea do
    interior, unha vila da costa ou unha cidade costeira sostibles mediante
    o videoxogo CLMNTK.    A dinámica do xogo implica que si os rapaces e rapazas toman  decisións que levan a unha catástrofe ambiental  se lles avisas cunha nova que a explica. as causas e consecuencias do que teñen feito, se as súas acciós son exitosas  reciben  unha retroalimentación positiva. Os datos son reais e as previsións  están baseadas   nun  escenario mediodo IPCC xa  que a cidade contrúenna na primeira metade do século XXI. Disponse dunha ampla guía didáctica

A todos estes recursos  hai que sumarlle a posibilidade que ofrecen o sistema de bitácoras de Climántica,  os foros e  a wiklimántica  uqe este curso imos ampliar con novas propostas, para  converter ós rapaces en artífices do seu propio coñecemento,  para que compartan o coñecemento cos iguais,:aportando ideas, argumentando e reflexionando sobre as causas e consecuencias do Cambio Climático e para que poidan mostra as súas creacións nos Congresos de Autores CLMTK.

Aínda máis, nos ofrecen unha marabillosa oprtunidade para levar ás aulas  dunha forma efectiva un currículum por competencias, compartir o nosos traballo coa Comunidade de Profesores de Climántica e  disfrutar da docencia.

Tedes  á vosa disposición os titoriais das  bitácoras, os blogs temáticos donde profesionais de distintos ámbitos da educación os asesoran, e a axuda incondicional do equipo de Climántica.

Dende o Blog Guía  compartiremos como sempre,  as vosas aportacións  (os luns), proporemos unha actividade ( os mércores) e deixaremos recursos e ferramentas web que vos podan servir para as aulas ( os venres).

Como sempre para calquera dúbida , vos espero en susana@climantica.org

Un saúdo e …”a toda máquina”  de novo.

Esta entrada foi publicada en Axenda, Biblioteca de actividades. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta