Adeus amigo, adeus

O poder dunha imaxe vale máis que mil palabras, como o demostran neste post do IES Francisco Asorey sobre a extinción das especies:


Un recente estudio revelou que unha de cada catro, das 5.487 especies de mamíferos, está en perigo de extinción. Dito estudio afirma que cerca de 1.139 especies están en risco de desaparecer e que, en xeral, as poboacións do 52% dos mamíferos están menguando.

A desforestación e a caza son as principais causas da desaparición das especies terrestres deste tipo de vertebrados. No mar, os mamíferos mariños, morren nas redes pesqueiras, na colisión cos barcos e polo efecto da contaminación.

A pesar dos esforzos coordinados polas distintas administracións, que nalgúns casos deron bos resultados, a UICN advirte de que o éxito para  reducir ou deter a extinción de mamíferos pasa por abordar o problema  na súa orixe.


Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta