O Blog como noticieiro da actualidade científica

E se non que llo digan ós alumnos e alumnas do IES de Cacheiras:

Harold Kroto en Santiago

 

imagen

 

 

O premio Nobel de Química en 1996 Harold Kroto estivo o xoves 26 de maio no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela. Este químico, xunto de Robert Curl Jr. e  Richard Smaley  son os investigadores  responsables do descubrimento dos fullerenos, unha forma cristalina do carbono (as outras son o diamante e o grafito) con estrutura case esférica, que poderá ser utilizado nun futuro en produtos farmacéuticos e na creación de metais máis resistentes.

Na conferencia, o científico, ademais de explicar as aplicacións do descubrimento, aproveitou para facer un chamamento aos políticos para pedirlles que non reduzan o orzamento en materia científica e educativa pola crise.

Harold Kroto é o segundo premio Nobel que visita Santiago grazas ao programa ConCiencia, promovido pola Universidade de Santiago.

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Obradoiro de prensa e audiovisuais. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta