Aproveitando o lixo na horta

Á maiora dos e das docentes da blogosfera educativa de Climántica traballamos desde unha perspectiva socioconstructivista, unha palabra valeira senon acudimos ós dous significados que engloba: que os estudantes constrúan o seu coñecemento e que ese coñecemento  non está illado do entorno. Desde os blogs podemos suxerir actividades como a que comparten con nós desde o IES Illa de Arousa que leven ós rapaces e ó seu entorno máis cercano, a familia, a actuar dunha forma respetuosa e sostible co medio ambiente.

 

Na maioría dos nosos fogares o 50% ou máis do lixo son restos orgánicos (comida, froitas, hortalizas, plantas…). Istos residuos rematan xeralmente en vertedoiros, producindo unha forte contaminación. Se aprendemos a reciclalos estaremos contribuíndo a reducir o volume de residuos  e tamén axudamos na loita contra o cambio climático.

 

Imos reciclalos utilizándoos para facer compost que se emprega como abono natural sustituindo aos fertilizantes químicos e que mellora a estrutura do solo, axuda a reducir a erosión e á absorción de auga e nutrientes por parte das plantas.

 

imagen

Sabes se no teu concello promoven esta iniciativa dalgunha maneira? E na casa, que facedes cos vosos residuos? Por que dicimos que axudamos na loita contra o cambio climático? Se queres facer compost podes traer residuos ou seguir o proceso no composteiro que temos no centro.

 

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta