Never More

E xa ímos chegar ao mes e medio!! Así e como se celebra tódolos días o Día Mundial do Medio Ambiente nos blogs de Climántica, e senon que llo digan a este estudante do IES Brión.

imagen

E  que a estupidez  sempre insiste,  dicía  o outro. É incrible, pero de novo un accidente, nado do uso de combustibles fósiles, volve a provocar unha catástrofe medioambiental. Unha plataforma petrolífera afundiuse hai uns días por mor dunha explosión de causas descoñecidas. Calcúlase que o vertido de cru e duns  4 millóns de litros.

A mancha producida polo vertido ocupa 10.000 km cadrados, a superficie que ocupa Costa Rica. E vai directamente cara as costas de Nova Orleans, onde habitan 400 especies de paxaros e se capturan unha quinta parte de todos os peixes que comen os norteamericanos.

imagen

No medio deste caos, as medidas non son moi esperanzadoras. Miles de persoas e decenas de barcos afánanse en disolver as manchas de cru, mediante produtos quimicos sen conseguir grandes resultados. O plan B proposto por BP , a empresa responsable do desastre, consistiu en intentar tapar a fuga usando unha campá, pero unha acumulacion de hidratos dificulta a operación. Existen outras medidas, pero a sua realización é a tan largo prazo que parece mellor non pensar nesa posibilidade. Polo menos, será a empresa privada quen se faga responsable da factura de limpeza.

Asi vai o mundo, 6 anos despois, todo segue igual, excepto que os yankis aprenderán a traducir un chisco de galego. Nunca máis.

Fonte www.elmundo.com

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda o enlace permanente.