Qué reto queres facer realidade no 2030?

 Nada para rematar un curso onde os rapaces e rapazas tiveron “contacto directo “coa ciencia a través das bitácoras de Climántica que paraticipar nesta proposta que nos relata Natalia Abelenda desde o Temático de Enerxía.

A Axenda Cidadá de Ciencia e Innovación ofrécelle aos cidadáns europeos a oportunidade de facer chegar aos máximos representantes de ciencia e innovación en Europa os retos que deben afrontar estes dous ámbitos no horizonte do ano 2030. A iniciativa forma parte das actividades do Ministerio de Ciencia e Innovación en torno á Presidencia española da Unión Europea 2010.

Un total de 14 desafíos de futuro propostos por 14 persoas aparecen recollidos nesta axenda, estando aberto o período de votación por parte de tódolos cidadáns desde o día 22 de abril ata o 26 de maio de 2010. Pode consultarse o resultado das votacións a tempo real. No momento de creación desta entrada o reto máis valorado que encabezaba as votacións era o de Almacenar a electricidade de xeito máis eficiente.

A iniciativa conta cun espacio escolar propio, público prioritario da axenda, desde onde participar. Nesta zona do portal ofrécese material diverso descargable (guía didáctica, material audiovisual…) para a realización dunha actividade especialmente destinada a alumnos de secundaria e formación profesional a cal pretende espertar sensibilidades e potenciar as capacidades dos estudantes en idade preuniversitaria para que o día de mañá sexan eles mesmos os protagonistas das grandes innovacións e cambios da nosa sociedade.


A participación na Axenda Cidadá de Ciencia e Innovación permite optar a vivir unha das 5 experiencias (viaxes) que se outorgarán por sorteo ante notario (una delas dirixida a un grupo escolar e as outras catro aos cidadáns individuais).

Esta entrada foi publicada en Axenda, Biblioteca de actividades e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta