Unha mistura que nos pode axudar

Andamos xa metidos nas últimas tarefas de fin de curso: os de 2º xa remataron e andamos as presas para repasar o fundamental para a selectividade, os de primeiro co tempo xusto para rematar unhas  programacións  extenuantes … En  definitiva, que para alixerarvos un pouco a carga, nestas semanas, publicaremos desde o blog guía  dous ou tres post  semanais  dirixidos aos catro penúltimos temas da programación de CCMC.

Lembrade que este é un bo momento para recurrir á biblioteca Climántica  e a Climántica TV  na procura de actividades xa feitas como para a visualización de conferencias sobre estes temas.

Aproveitade tamén para visitar os temáticos, onde dispoñedes de  tarefas á medida de cada tema.

Para comenzar este luns, recurro ó Temático de Auga  de María Penalta  cunha actividade sobre os acuíferos.

Augas subterráneas

 As aguas subterráneas son masas de auga que se atopan no subsolo, debido a esto son menos coñecidas que lagos ou ríos, pero o seu volume total é maior que os destes. Esta auga almacénase en acuíferos que están formados por unha capa de rocha porosa xunto cunha ou dúas capas de material rochoso impermeable, o que fai que a auga que se infiltra dende a superficie quede aí confinada.

imagen

Existen moitos acuíferos que se atopan no que hoxe en día son rexións desérticas, estas augas subterráneas chámanse acuíferos fósiles, e formáronse hai miles ou millóns de anos, pero hoxe en día non se renovan, e dicir, non se produce infiltración dende a superficie. A explotación destes acuíferos ten que estar controlada, xa que nestes casos trátase dun recurso non renovable.

Podedes consultar os 10 acuíferos máis importantes do planeta, e comprobar cantos deles son fósiles e cantos actuais.

A  importancia dos acuíferos para o planeta e para o ser humano é moi grande.  É fonte de auga potable para un gran número de persoas, utilizándose tanto para a agricultura como para o consumo doméstico e a industria, e existen numerosos ecosistemas que dependen destas reservas de auga. Por iso a súa sobreexplotación ou contaminación é moi problemática.

A sobreexplotación prodúcese cando a tasa de recarga do acuífero é menor que a saída de auga do mesmo, en acuíferos próximos á costa a situación pode empeorar pola intrusión de auga salgada dende ó mar ó acuífero, producíndose unha intrusión salina ,  que altera as condicións da reserva de auga alterándose todo o ecosistema e provocando que deixe de ser explotable.

A contaminación ocorre por inflitración de auga contaminada ou por lixiviación dos contaminantes, pode ser puntual ou difusa, e en tódolos casos é dificil de atallar, porque ó ser augas confinadas a súa capacidade depurativa é menor ca das augas superficiais.

Por certo, parabéns ós e ás alumnas do curso de Técnicas polos seus traballos, esperamos velos pronto publicados nos blogs ( xa sabedes que con Isuú é doado)

Unha aperta

Esta entrada foi publicada en Auga, Biblioteca de actividades e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta