Materiais de uso común

imagenUn tema espiñoso o que empezamos a tratar, por unha banda os rapaces necesitan coñecer os materiais de uso común que nos rodean para poder discutir o seu uso axeitado, pola outra, trátase dun tema árido para tratar no que as bitácoras nos poden axudar a motivar ao alumnado. Con este obxectivo vos propoño algunhas actividades a realizar nos blogs de aula e agradecería, en nome de toda a comunidade de blogfesor@s que compartirades as vosas propostas nos comentarios.

  1. Elaborar , a modo de fichas didácticas multimedia ,   fichas técnicas como as que nos propoñen desde o Departamento de Tecnoloxía do IES FuenteLuna engadíndolle as características que debe ter un bo post sobre este tema.
  2. Levándoos a excelente animación sobre materiais de construcción de Consumer Eroski e desenvolvendo posteriormente un xogo de adivinanzas a partir das características máis salientables de cada material.
  3. Creando un debate no foro sobre  a necesidade de invertir en  tecnoloxías dirixidas á producción de materiais  sostibles.
  4. Repasar e coñecer materiais con exercicios Hot Potatoes sobre esta temática
  5. Proxectar unha casa ecolóxica como a que realizaron os alumnos do IES Juan de Garay e publicala no blog de aula.
  6. … esperamos as vosas aportacións.
Esta entrada foi publicada en Novos usos, novos materiais. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta