A onde vai parar?

Un dos post premiados no IES Francisco Asorey unha fantástica iniciativa para motiva-lo alumnado.


imagen

Mentres lía o xornal vin que segundo un estudio, do lixo que tiramos no colector só o 10% vai para  reciclaxe e ten que recorrer ata uns 119 km para ser reciclado, ser tirado en vertedoiros ou   ser incinerado. Os datos dinnos que cada galego produce 1 kg de lixo por día, cantidade inferior á media europea, pero na reciclaxe estamos moi lonxe deles. Outros estudios din que o 44% do lixo quéimase, o 29% bótase en vertedoiros e só o 27% restante recíclase.

 Existen moitos tipos de datos pero o que apreciamos en todos eles é que a porcentaxe de lixo reciclado segue sendo moi baixo. A empresa Sogama, recibe 900.000 Tm de lixo, que supón o 85% do total. Destas 900.000 tm, envía 400.000 Tm para un vertedoiro controlado, mentres que  500.000 Tm son incineradas producindo 435.000 megavatios anuais, pero que claramente teñen o seu inconveniente para a atmosfera, enviándolle máis de 327.000 Tm CO2.

 En conclusión, moita xente párase a separar o lixo e a depositalo en contedores específicos para que despois sexa enviado a vertedoiros e a incineradoras. Cal é a vosa opinión sobre este tema?  Debería haber máis presión, no tema dos residuos,  sobre as industrias?, e sobre os cidadáns?

Esta entrada foi publicada en Os mellores post de alumnos, Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to A onde vai parar?

  1. val.alba di:

    Creo que todos deberíamos intentar ser o máis ecolóxicos posible e reciclar moito máis para non danar o noso planeta. Se reciclásemos máis, probablemente viviríamos mellor no noso planeta e a Terra non estaría tan destruída.

  2. lidia rana di:

    Eu creo que deberíamos ser mais ecolóxicos para favorecer o medio ambiente. A verdade, é que, cada vez máis xente reclica, pero non é suficiente.
    Creo que deberían tomar medidas neste tema canto antes.

Deixa unha resposta