A ciencia fala galego

imagenNo Día das Letras Galegas, desde o blog guía  reflexionamos sobre o uso da nosa lingua  na producción científica. No noso país faise boa investigación tecnocientífica, e en Climántica temos bos exemplos, como os dos profesores dos cursos de formación ou os poñentes do recente  I Congreso  sobre Respostas Educativas ao Cambio Climático. Non hai máis que dar unha volta polo staff do CERN para afirmar que o noso país ten unha boa saúde investigadora.

En contraste hai moi pouca producción en galego nas revistas de comunicación tecnocientífica das que suliñamos:

– Nova Acta Científica Compostelana  publicada pola Universidade de Santiago de Compostela.

Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe  publicada pola Universidade da Coruña e polo Seminario de Estudos Galegos.

– Thalassas  publicada pola Universidade de Vigo.

– Revistada  Real Academia Galega de Ciencias

Todas elas publicadas en distintos idiomas ( excepto Thalassas que se publica en inglés na súa totalidade) as que acompañan revistas  galegas de outros eidos como Ingenium. Cadernos de historia e filosofía da ciencia ,AmbientalMente Sustentable, Roteiros, Arumes de pensamento crítico, A trabe de ouro, Grial, Revista galega do ensino, Tempos Novos, etc. que publican no noso idioma.

Aproveitemos este día para anima-los científicos galegos a publicar no noso idioma e,  no noso labor educador ir creando ese hábito cos futuros e cos futuras científicas animándoos a disfrutar da nosa lingua como medio de comunicación cultural, neste caso da cultura científica.

Esta entrada foi publicada en Xeral. Garda o enlace permanente.

2 Responses to A ciencia fala galego

  1. neciga di:

    Non paras amiga, falo moi que ben.

  2. Susana di:

    Grazas nex,
    vos si que o facedes ben
    Unha aperta

Deixa unha resposta