Caos con piscina e campo de tenis

 

 

ciudad_compacta_copia_1.jpg

O concepto de “cidade difusa” define o modelo de ordenación do territorio que actualmente se está a desenvolver en Galicia. As vilas e cidades están a perder significado, sobre todo na franxa litoral, e van sendo substituidas polo que se coñece como aglomeracións poboacionais ou áreas metropolitanas. O territorio rural que se atopaba preto das cidades foi transformándose e orixinando zonas periurbanas con unhas densidades de poboación considerables, de xeito que o territorio galego hoxe está definido por sistemas complexos de cidades difusas que precisan unha urxente ordenación do territorio.

¿Cal é o impacto ambiental da “cidade difusa”?

  • Perda da paisaxe cultural
  • Promoción do coche privado
  • Ocupación indiscriminada dos espazos naturais
  • Estrago enerxético
  • Deficiente depuración de augas residuais
  • Aumento do custo da recollida de lixo

vilari__o_1.jpg

Investiga e responde ás seguintes cuestións:

  1. ¿Que significado ten afirmar que o modelo urbanístico do Salnés é de “cidade difusa”?¿Que implicacións negativas terá este modelo para o futuro urbanístico de Galicia?

  2. ¿Que é un PXOM?¿Que pode aportar esta ferramenta urbanística ao desenvolvemento dunha vila?

  3. Busca información sobre a “carta de Aalborg”.

Esta entrada foi publicada en Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta