Desenvolvemento sostible

imagen

Desde o IES Salvaterra do Miño.

O desenvolvemento sostible é aquel que “satisfacendo as necesidades actuais non compromete a capacidade das xeracións futuras para satisfaceren as súas propias necesidades”. O concepto de “necesidades” pode interpretarse de moitas maneiras. Como mínimo inclúe as necesidades de alimentación, vestido ,vivenda, educación e sanidade, pero non ten por  qué cubrilas “necesidades” superfluas dos países desenvolvidos.

Calquera pode realizar un sinxelo  exercicio de contas para comprobala imposibilidade de xeneralizalos niveis de consumo occidentais ós países en desenvolvemento. Simplemente non hai suficientes recursos e non hai medio ambiente para asumilos residuos  xerados.

imagen

Aínda que existen múltiples definicións sobre desenvolvemento sostible, en todas se inclúen inseparablemente tres tipos de factores: medioambientais, sociais e económicos. Do mesmo xeito, tamén se establece que as políticas para o desenvolvemento sostible precisarán da coordinación e estreita colaboración de tres ámbitos políticos que tradicionalmente se atopan separados: o económico, o social e o medioambiental. Trátase dun desafío a longo prazo desde estes tres puntos de vista e sobre todo, ponse especial énfase en que os criterios de desenvolvemento postos en marcha hoxe non hipotequen o futuro.

O concepto de desenvolvemento sostible formalizouse no informe BRUNDTLAND. Este serviu para preparar  o Cumio de Río no ano 1992, a partir do cal se acepta como paradigma a plena relación entre medio e desenvolvemento que propón o desenvolvemento sostible.

Pero, é posible un desenvolvemento sostible para todos?

A solución empeza por utilizar de forma máis eficiente a materia e a enerxía e modificala nosa idea de desenvolvemento, afastándoa do consumismo e achegándoa á idea de benestar.

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Cambio climático, Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta