Un fin de semana intenso

imagen

Nesta fin de semana, os blogfesores de Climántica formamos parte dos 800 docentes que asistimos ao I Congreso Climántica de Respostas Educativas ao Cambio Climático, un certamen que superou ás nosas expectativas, tanto pola calidade e interés das alocucións dos poñentes que se retransmitiron en directo desde a web do congreso .

Unha ocasión onde aproveitamos para  vernos e comentar entre  nós cuestións relacionadas coas bitácora, cos proxectos educativos que estamos a desenvolver e facer unhas risas ,que sempre veñen ben para cohesionar calquera comunidade.

Na mesa TIC,  se puxeron a debate temas relacionados coa avaliación das bitácoras, coa súa integración nas programacións e outras inquedanzas que sempre xurden cando introducimos un proxecto innovador como Climántica nas aulas . En definitiva, compartimos  experiencias e reflexionamos sobre as preguntas ¿ Cómo poden influir as TIC na comunicación e educación para o Cambio Climático?¿ De qué xeito as integramos nas aulas?

Un fin de semana intenso, interesante  e  desde logo moi enriquecedor, tanto polas conferencias   dos poñentes como polos interés e  cariño que mostraron os e as asistentes ao congreso polo Proxecto Climántica.

Se vos parece, podedes deixar as vosas opinións nos comentarios deste post.

N.B: En breve, tódalas exposicións se poderán ver en vídeo  na web central. Polo momento podedes disfrutar da conferencia de Manuel  Campo  Vidal , un  xenio da comunicación.

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.