Ponte ao día en enerxía!

 Un excelente recurso desde o noso Temático de Enerxía

 Gracias, Natalia.

Este é o título dun proxecto educativo interactivo sobre enerxía desenvolvido no marco da LOE por varios mestres (Luisa María Girona Latorre, Laureano Montesinos Nebot) e profesores (Luis Pastor Rodríguez) baixo o patrocinio do Foro da Industria Nuclear Española. O proxecto contempla dúas seccións, unha  dirixida á Educación Primaria e outra á Secundaria e Bacharelato. En cada unha delas ofrece material específico para o alumnado e unha guía do profesor. Ademais desde a parte inferior pode dispoñerse de interesantes recursos complementarios (ligazóns a webs, fotografías, debuxos e esquemas, animacións, artigos, vídeos, glosario, información de ampliación).

Ponte ao día en enerxía!

Unha das vantaxes que ofrece o proxecto é a posibilidade de descargalo ao ordenador (de feito para poder acceder á guía do profesorado é preciso descargalo, pois o acceso a esta atópase restrinxido na versión web). Isto permite traballar con el sen depender da conexión á rede. Por outra parte, o deseño de moitos dos recursos en formato documento (particularmente os de primaria) permite a súa impresión e utilización en formato papel nas aulas cos estudantes.

Esta entrada foi publicada en Enerxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Ponte ao día en enerxía!

  1. natalia di:

    Grazas a ti, Susana.
    Recomendo a todos os profesores interesados en temas relativos á enerxía unha visita por este sitio web onde poderedes atopar recursos educativos diversos.

  2. M. Soneira di:

    Grazas as duas:Natalia e Susana polo voso ben facer, por estar ahí e ademais “sempre á última”.

Deixa unha resposta