O pasado venres estrenouse a película Os Océanos dirixida por Jacques Perrin (Microcosmos) e Jacques Cluzaud, autores doutro espectacular documental, Nómadas do vento (2001)
Ó estilo da xa comentada “Terra”, o documental, e froito dun traballo de oito anos, e nel se acompaña na súa viaxe a distintas criaturas mariñas, algunhas descoñecidas, dun xeito para o que adxectivo espectacular queda corto
Desde un punto de vista didáctico , as relacións que se establecen entre a vida salvaxe, os ecosistemas oceánicos, e os seres humanos é , sen medo a equivocarnos, o máis salientable.
Unha oportunidade para profundizar en distintos temas relacionados co Cambio Climático, coa linguaxe audiovisual e, por qué non, coas novas técnicas de rodaxe empregadas neste documental.
Para saber máis: Media del antiguo CNICE
Non debe estar mal esta película.E outra forma de mostrarnos o mundo mariño.
Parece incrible a dedicatoria que se lle puxo incluso máis que de “Avatar” que para ser un documental parece moi interesante.