Unha benvida especial

A blogosfera Climántica  non para de crecer e, cando algunos blogs de aula están alcanzado a categoría de senior ( véanse os da Primera Edición: Francisco Asorey,  Praia Barraña, Manuel García Barros, Chan do Monte, Santa María do Mar,  etc., etc.)Los Sauces, ),  outros acaban de empezar a súa andadura  ( Fernando Wirtz, Isaac Díaz Pardo, Artai,CPI de Vedra, …) e  no  planet de Temáticos non paran  de aumenta-los post de expertas sobre distintos temas: Comunicación, Enerxía, Lengua Castellana, Asesoría Universidades, Recursos Mediomabiente,…

Contamos ademáis co blog de Metereoloxía de Juan Taboada  onde cada día aprendemos algo sobre o tempo e o  clima, co excelente traballo dos alumnos  e   profesora  do blog de Educación Ambiental de  Educación Social 

Desde finais do ano pasado, a blogosfera Climántica  enriqueciuse e se enriquece diariamente coas excelentes  aportacións dos noos compañeiros e compañeiras de Portugal que alimentan un planet Internacional

En definitiva, un espacio non tan pequeno na rede,    está ocupado pola Blogosfera Climántica, un espacio onde las fronteiras  se moven cada vez más rápido coa innovación cotidiá  que aportamos desde CCMC.

imagenDesde fai  menos dunha semana contamos xa con bitácoras que publican desde outras partes de España e que, por primeira vez, recibirán unha formación totalmente no npresencial ,a través do  Primeiro Curso Virtual de Climántica metodoloxía que abre as fronteiras a tódalas comunidades d o estado español  e  nos permite ampliar   e compartir, tanto como docentes como por parte dos alumnos  actividades innovadoras en red.

Pouco a pouco vos iremos mostrando os seus blogs , á vez  e tamén duha forma paulatina vos iremos  mostrando  ós novos integrantes os recursos dos que dipomos na  web principal do proyecto : da Bibliotecade Climántica TV de e-learning , etc.

Para empezar, darvos a benvida en nome de todas e todos os docentes que formamos a comunidade de blogs de Climántica, ofrecervos  o noso  apoio, recursos, ideas e todo o que podades  necesitar para empezar a entender e a aplicar  a filosofía do nosoo proxecto… Aínda que con post como o primero que   ten publicado o  IES Julio Caro Baroja de Fuenlabrada, pouco tenemos que decirvos, más bien estamos convencidos de que vamos a compartir moitas  e innovadoras experiencias didácticas nestas páginas.

Para calquera dúbida, suxerencia ou apreciación, podedes deixar un comentario ou,  si o preferides, un correo a susana@climantica.org .

E xa sabedes , non hai nada más estimulante para o que publica nun blog, que recibir un saludiño de vez en cando.

Benvid@s de novo!!

Susana Vázquez

Imagen: emotools

Esta entrada foi publicada en A aldea global. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta