A longa viaxe de Gaia

 

imagen

 Nada mellor para preparar edición do Día da Terra que a actividade que nos propoñen desde o IES Chan do Monte.

Gaia é vella, moi vella.   Leva viaxando, a bordo da Vía Láctea, uns 4.500 millóns de anos  e  ten algo que a fai diferente: ten vida.

   Gaia está formada por moitos elementos, todos están interrelacionados e, a veces, esas relacións son tan sutiles que non son perceptibles, con todo existen.

   Recibe a enerxía do sol e a reparte utilizando dous dos seus compoñentes máis sensibles, as súas capas fluídas.

   A interacción entre elas configura os climas e ístos os diferentes biomas onde os organismos vivos están en continua interrelación, tanto co ambiente como entre eles mesmos.

   Durante a súa longa vida, Gaia tivo momentos comprometidos: a aparición do oxíxeno, a reforma dos seus continentes, unha violenta colisión cun gran meteorito, varios ciclos climáticos,……. aos que soubo facerlles fronte xa que posúe mecanismos de autorregulación asi que, reorganizouse e asumiu os cambios.  Pero actualmente algo grave está ocurrindo, estanse producindo unha serie de cambios bruscos, nun periodo de tempo moi curto, que afectan a todos os seus compoñentes, e o máis preocupante é que afectan  a esas capas sensibles das que depende a vida.

   O ritmo dos cambios é tan rápido que os mecanismos de autorregulación non funcionan como deberan; estase modificando a temperatura da sua atmósfera, con ela modifícase tamén a dinámica da hidrosfera e, como consecuencia, prodúcense unha serie de desaxustes que poden poñer en perigo a vida.

    En gran medida, os responsables destes cambios somos os seres humanos que coa nosa evolución industrial e nosos hábitos de vida estamos modificando os ritmos de Gaia e ésta, máis tarde ou máis cedo, reaccionará. ¿Cómo?, xa o veremos, pero o que sí é seguro  é que nós estaremos entre os grandes perxudicados. (o relato está inspirado nun documental emitido por RTVE no ano 2000, “el planeta en la encrucijada” no programa Documentos TV, é antiguo pero segue vixente)

 

   Le o texto con atención e entra nos enlaces para obter máis información. Propóñovos realizar algunha das seguintes actividades:

 – ¿Que é Gaia?

 – Nun dos enlaces tes o valor da unidade astronómica, fai o cálculo de canto tempo tarda en chegar a luz dende o sol ata a terra.

– Comenta os resultados da aplicación das medidas acordadas no Protocolo de Montreal

 – Se les que a tempertaura media dos océanos elevouse unha media de 0,7 ºC, podes pensar que non é preocupante. Probablemente cambiarás de opinión cando botes contas da cantidade de enerxía que se necesita (tes os datos que precisas nun dos enlaces, búscaos e fai o cálculo)

 – Calcula a túa pegada de Carbono. Á vista dos resultados consideras que tes que cambiar algúns dos teus hábitos?

 – Busca información e comenta (aquí ou no foro) o seguite parágrafo: “o calentamiento global e froito da emisión indiscriminada de GEI por parte de países industrializados , cuios habitantes disfrutan de moitas comodidades, dunha elevada calidade de vida e teñen unha longa esperanza de vida, pero os seus efectos  afectan a todo o planeta, incluindo a países pobres e en vías de desenvolvemento aos que compran os dereitos de emisión”


 – Nos enlaces aparecen moitas fontes, alguhas como siglas (ONU, FAO, ……), anota as que atopes e busca información sobre elas elaborando un somero informe sobre a actividade de cada unha

– Razona o seguinte parágrafo: “se controlamos a enerxía eléctrica que gastamos contribuimos a loitar contra o calentamiento global”

– ¿Que che suxire o seguinte vínculo? Coméntao

 – Elabora un decálogo de medidas que poderías tomar a nivel individual para contribuir o menos posible á emisión de GEI. ¿estarías disposto, se fose o caso, a cambiar de hábitos e ser consecuente con algunha das medidas que propuseche?

Para completar a información podedes ver en Youtube a serie de dez capítulos: seis grados que  podrían cambiar el mundo

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Biodiversidade, Cambio climático, Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta