Unha comunidade que avanza

imagenNon temos máis que ver as interesantes experiencias que se mostraron o sábado na posta en común do último curso de CCMC. No transcurso da sesión plasmáronse distintas ideas que vos resumo nos seguintes puntos:

  1. A vantaxe de utiliza-lo blogue guía e os foros como lugar para debatir distintas propostas de avaliación que conduzan á elaboración dunha planilla de avaliación, un tema do que xa levamos falado e publicado nas convocatorias anteriores.
  2. Engadir na bitácora central dúas categorías novas: Unha referente ás distintas presentacións e materias que mostrades e outra cos mellores post do alumnado, seleccionadas por vos mesmos . Só é necesario que deixedes o link nalgún post do blogue guía . Eu  os deixarei un comentario coa data de publicación para que o podades utilizar no aula como un elemento motivador e nos sirva como modelo de boas prácticas  para mostrar ao alumnado.
  3. Actualizar con maior frecuencia a Biblioteca de Actividades enviando un mail ou un comentario cunha actividade , recurso ou web da vosa bitácora que vos pareza útil para compartir con todos desde o Blog Guía.
  4. Engadir un calendario medioambiental nos blogues guías.
  5. Formar  equipos de redacción que exerzan de correctores de estilo e ortográficos  dos post dos compañeiros.
  6. Utiliza-los blogs  para desenvolver proxectos conxuntos con outros centros como se está facendo no   Temático de Comunicación.
  7. Presentación de dous novos e excelentes temáticos: O de Recursos de  Medio Ambiente e o de Asesoría de Universidades que están esperando ás vosas visitas e suxerencias.
  8. Incorporar a outros alumnos do centro aos debates nos comentarios e nos foros.
  9. Fomenta´la argumentación nos comenatarios a partir da introducción de “latiguillos” como ” esto me lembra a…” , “Esta noticia relaciónoa con…” etc.
  10. Linkear o noso blogs na web do centro e noutros blogs amigos tanto do proxecto Climántica como alleos a él.

Falamos das distintas formas de integra-los blogs, de fórmulas que nos funcionaron e doutras que non tanto, de suxerencias técnicas a mellorar, das dificultades que se atoparon e , sobre todo, do satisfeitos e motivados que nos mostramos os docentes pola resposta do alumnado  á utilización dun blog e das  facilidades que nos dan as bitácoras para poder afrontar a hetereoxenidade e multidisciplinaridade inherente a esta asignatura.

Espero ás vosas  aportacións nos comentarios e nesta semana irei engadido os materiais prometidos.

Grazas a todos e todas polo voso ánimo, tesón e compromiso para con o Proxecto Climántica.

Susana Vázquez

Imaxe: emotools

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta