Quen protexe que?

imagen Este e moitos máis títulos nos asoman á memoria: moviola, a historia de nunca acabar… en definitiva outro Prestixe. Desde o sábado pasado un cargueiro chinés está varado na costa australiana vertendo toneladas de petróleo fronte a Gran Barreira de Coral. Un suceso que está levantando airdas críticas en Australia e no resto do mundo, que nos van a decir a nós sobre este tema…

Unha oportunidade para para usa-los blogs  e os foros co obxectivo o que foron diseñados: discutir, argumentar, denunciar e comunicar. Por varios motivos, o principal,o de desenvolver a conciencia ecolóxica da cidadanía,  para  exercer o dereito a denunciar esta pasividade dos organismos internacionais  para contextualizar e acercar á realidade os temas de CCMC,… en definitiva , animarvos a que levedes este suceso aos vosos blogs desde varias perspectivas:

1– Competencial e curricular

Canto é moito?  Unha aproximación matemática para cuantifica-las mareas negras  e desenvolver a  competencia matemática.

Prensa e desastres mariños  Para traballlar  desde a noticia toda-las  competencias

Webquest Nuestros amigos los textos para que nos sirva de modelo para  os nosos traballos  de investigación en rede.

Pra contextualizar o tema de Catástrofes Naturais ? na programación de CMC

2-De desenvolvemento da capacidade de argumentación científica

Só temos que levalos ós foros e crear unha conversa , mellor sincronizándonos con varios centros.

3- Para usa-los blogs  e os foros co obxectivo o que foron diseñados: discutir, argumentar, denunciar e comunicar.

Imaxes editadas, campañas de denuncia, novas formas de expresión…

 

Imaxe: El País

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.