Un descanso axetreado…

graciasXa só queda un día para empezar as  tan merecidas vacacións e aquí estamos os blogfesores e blogfesoras de Climántica dalle que te pego a esto de publicar, e non só eso, animando ó alumnado para que  rematen os traballos que van presentar no III Congreso de Autores Climántica, para que participen en Wiklimántica  ( o plazo remata en breve) para asistir en Brasilia a Conferencia Internacional Infanto Xuvenil “Coidemos o Planeta”,preparando unha comunicación para asisitir ao I Congreso Climánticapara profesores sobre respostas educativas ao Cambio Climático como poñentes  e difundindoa pola rede para que chegue a tódolos compañeiros e compañeiras…Quen pode dar máis? Só un equipo  de docentes como vós  cos que temos a inmensa sorte de colaborar  e que sodes a esencia do proxecto.

Aproveitade este último día e a primeira semana de regreso para “alicatar”  estes proxectos, xa sabedes que a programación que mellor se axusta aos contidos e aquela que está cargada de sentido para os rapaces: que se animen a facer audiovisuais, cómics, animacións, fotos, relatos, pezas musicais, presentacións, etc.

Só tedes que traelos os blogues guía que vaian a sección de recursos ou preman nesa etiqueta  e cun guión previamente elaborado, utilicen as ferramentas da web2.0 para expresarse: sorprenderavos cando algúns deles aparezan despois deste descanso cun traballo excepcional que, por suposto debe incluirse na avaliación.

Unha aperta para todos e todas e disfrutade destes días, algúns nos vemos no curso de Técnicas, outros nas presentación e todos nesta casa virtual que é son os blogs de Climántica.

Susana Vázquez

Imaxe editada en PICFONT 

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta