Camiño a Brasilia

Fai unha semana falamos neste blog  do concurso ” Camiño a Brasilia”,  e, unha vez rematadas ( xa ía sendo hora) as avaliacións , xa  nos están chegando os primeiros comentarios e mails sobre este tema .

Hoxe se publicou a reseña na páxina central do proxecto pero xa moitos de nós estabamos esperando ter un minuto para empezar a colaborar.

Como sabedes , España  participa na  Conferencia Internacional Infanto Xuvenil “Coidemos o Planeta”dos países da ONU que se celebrará en Brasilia do 5 ao 10 de xuño, enviando 8 participantes, dous dos cales serán seleccionados desde Galicia polo equipo de Climántica.

Unha tarefa cun obxectivo claro: a Educación Ambiental do noso alumnado e a creación dunha rede  de estudantes que se conciencien, aporten ideas e realicen accións para o coidado do Planeta,  e unha excelente oportunidade para que rapaces  e rapazas de moitas nacionalidades compartan unha experiencia apaixoante.

A selección fárase en función  da calidade das achegas de textos, curtos, animacións e críticas positivas que se aporten para a elaboración da Carta dos compromisos dos estudantes de Galicia co Planeta que se elaborará  en  http://www.wiklimantica.com. Nesta wiki, os rapaces só teñen que deixar o seu nome e mail, darse de alta e comenzar a contar en clave positiva   accións que axudarían a salvar o planeta  en distintas linguaxes. En principio ,as aportacións  se  subdividiron en  narrativa e multimedia, de xeito que os rapaces e rapazas poidan expresar as súas reflexións, posibles accións e opinións relacionadas co coidado do planeta e o desenvolvemento sostible.

O  equipo Climántica  actuará de soporte  e apoio para as vosas necesidades e  contamos coa colaboración dun experto, o  autor de A Treboada de C, Agustín Agra  na construcción da introducción desa  Carta dos compromisos dos estudantes de Galicia co Planeta e a coordinación do texto.
Contamos con vós , como sempre, para que animedes aos rapaces a participar. Traédeos ao Blog Guía  ou a web de Climántica e desde ahí pinchando no link á wiki  xa se poden dar de alta, ou ben, replicade o post da páxina central nos vosos blogs. É moi doado:

  1. Entramos  con eles en  http://www.wiklimantica.com.que deixen o seu nome e mail e a escribir…

Unha actividade ideal para estes días prevacacionais e que poden continuar ( porque seguro que lles mola) durante as vacacións.

A edade é entre 12 e 15  anos, así que xa podedes revolucionar á ESO .

N.B: As bases podedes descargalas neste  documento

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta